Nos atopamos en Neaño, unha das parroquias do Concello de Cabana de Bergantiños, formamos parte da Costa da Morte aínda que na súa parte máis doce, xa que a nosa costa é ría.  enclave é moi interesante tanto a nivel paisaxístico como histórico, xa que contamos co Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro, asentamientos moi importantes en tempos pasados, e diferentes e fermosísimas praias e paseos polos que poder pasear. Pois neste pequeno Concello da Costa da Morte é onde nos atopamos o CAPM de Cabana de Bergantiños.

Un centro con capacidade para 30 usuari@s, de pequena dimensión e todo distribuído nunha única pranta. Compartimos edificio co Local Social, na pranta baixa, e a biblioteca na superior. Gústanos saír moito pola contorna, pero se hai algo que non perdemos son as saídas do venres ao café no local social e as romarías de toda a volta!!, eso si acompañadas a poder ser dunha boa degustación da rica gastronomía que nos define…..

Gústanos estar acompañados dos nosos e compartir de bo grado con todos os que queiran con nós…., dos “Artistas” que temos por veciños, e por que non, poder deleitarnos das súas cancións con esas Cantareiras Tradicionais e Cantantes da Coral, con Poemas e ata Regueifas! e da artesanía tan característica desta ampla zona como é a do “Cesteiro” ou a do “Oleiro”, e sen esquecernos nunca dunha compañía que alegra o sentir e os corazóns como é poder compartir actividades cos nosos meniños e meniñas e mozos e mozas da comunidade.

Moi agradecid@s por sempre todos os que formamos parte deste pequeno pero gran Centro de Día… nacendo dese “verdor cinguido e valeroso chan”…. Moi pertiño da terra de Eduardo Pondal… E como dí Carmen C.A. un consello para estes tempos…… “Tempo andando e cousas vendo e non tropezando e non caendo….”